mércores, 31 de maio de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Estamos a punto de irnos de vacacións!! 
Xa temos as Mochilas Viaxeiras listas para marchar con vos e ler durante moitas horas, dos moitos días, de todas as semanas de verán que están a piques de chegar...!!!




sábado, 27 de maio de 2017

CLUB DE LECTURA DO 1º CICLO

Aquí estamos coa última lectura do Club de Lectura do 1º Ciclo da ESO.

Estamos lendo "Nata y Chocolate invencibles", que é a segunda parte dun libro que xa limos ao principio, "Nata y Chocolate" e moito lles gustó.

Esta última lectura foi elexida por todos eles e foi un pracer ler e traballar cun grupo de lectores tan estupendo!!!


MENSAXE DO MES DE XUÑO

Estamos a punto de finalizar o curso...que rápido pasan os meses...
Disfrutade moito deste último mes!!

DECORAMOS A BIBLIOTECA

Decoramos a Biblioteca para celebrar o Mes das Letras Galegas 2017, cos carteles deseñados para tal efecto.
"O IES Lagoa de Antela con CARLOS CASARES".



TERTULIAS LITERARIAS

Celebrouse a 2ª tertulia organizada pola Concellaría de Educación de Ourense. Nesta ocasión foi o libro de Carlos Montero, El desorden que dejas, o que nos convocou. A novela provocou moita polémica en todos os ámbitos pois a algunhas profesoras, non lles gustou. Logo da tertulia celebrouse un encontro co escritor, o cal foi acribillado a preguntas.







ACTO HOMENAXE A CARLOS CASARES

O pasado luns 15 de maio, celebramos o noso homenaxe a Carlos casares, no salón de actos do noso instituto.

O fixemos en dous turnos. Primeiro, o segundo ciclo da ESO e BACH e mais tarde o primeiro ciclo da ESO.

Foi un acto emotivo e con moita participación, e moito traballo nas costas do profesorado organizador.

Proxección de videos, entrega de premios, recital de fragmentos das diferentes obras de Carlos Casares e un fermoso percorrido pola sua vida, fixo que todos disfrutaramos dunha data tan especial.







 

PREMIADOS LETRAS GALEGAS 2017

Os premiados nos diferentes concursos nas LETRAS GALEGAS 2017 son os seguintes:

Guillermo Arcos 
Lucía Álvarez
Bárbara Lorenzo
Ariadna Otero
Malco Garrido
Ana Posada
Jeanete Dios
Miranda García

Moitas felicidades a todos eles polo seus magnificos traballos.
Os premios foron dados no acto celebrado o pasado 15 de maio co motivo do Homenaxe a Carlos Casares no salón de actos do noso IES.