domingo, 16 de decembro de 2012

LECTURAS PARA O NADAL

Fomentamos a lectura no Nadal no IES Lagoa de Antela cun vídeo e un tríptico con novidades que se repartirá entre a comunidade educativa.

martes, 4 de decembro de 2012

EU SON UN SER LIBRIS

Eu son un ser libris. Magnífica iniciativa de Illa Bufarda para a Asocaciación Galega de Editores para promover a lectura.

sábado, 24 de novembro de 2012

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mañá celébrase en todo o mundo o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, convén lembralo pero tamén cómpre loitar todos os días contra esta forma de violencia que se cobra cada ano miles de vítimas en todo o mundo. Dende a aula pódese facer moito: transmitir valores de igualdade e desmontar mitos empregando a perspectiva de xénero. Gústanos esta campaña de Porque tu voz cuenta: Tamén nos gusta esta análise de Marian Moreno Llaneza sobre o sexismo en que describe a realidade sexista que permanentemente se cerne sobre nenas e nenos. Encontraredes máis material na páxina do STEG na sección destinada a este tema. E tamén no noso blog lector.

SARA VÁZQUEZ FALOU SOBRE O CÓMIC NAS IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 9 e 10 deste mes celebráronse as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago onde Sara Vázquez, profesora de Plástica e colaboradora das actividades que organiza a biblioteca, impartiu unha charla baixo o título Lemos, imaxinamos, debuxamos. Nela describiu o proceso de planificación e desenvolvemento do noso proxecto integrado sobre o cómic e o labor de difusión deste medio de comunicación por parte da biblioteca. A nosa compañeira compartiu mesa co debuxante Kiko Da Silva e con Remedios Campos, profesora do CEIP O Salvador. 
Máis información sobre o noso proxecto: O cómic na aula
Información sobre as xornadas: IV Xornadas Bibliotecas Escolares
Acceso aos materiais: materiais
As conferencias que merecen un recoñecemento son as de Marian Moreno LLaneza e Fabio Tropea, moi didácticas e interesantes. E felicitar, por suposto, a Sara pola ponencia e agradecerlle a súa xenerosidade na entrega e o valor das palabras pronunciadas.



domingo, 18 de novembro de 2012

martes, 30 de outubro de 2012

HOMENAXE Á NOSA BIBLIOTECA

Confeccionamos un vídeo con fotos de actividades organizadas polo equipo da biblioteca, algunhas delas en colaboración co EDL.



luns, 29 de outubro de 2012

OUTUBRO: MES DA BIBLIOTECA

Outubro foi o mes da biblioteca: distribuímos as caixas con fondos para a Hora de Ler polas aulas, repartimos os carnés e explicamos o funcionamento da biblioteca ao alumnado novo,realizamos un xogo de busca e iniciamos a andaina dos clubs de lectura.


mércores, 17 de outubro de 2012

martes, 22 de maio de 2012



A nosa biblioteca dispón de dous espazos de traballo e lectura ao servizo do profesorado e do alumnado. Tamén conta con ferramentas e recursos tecnolóxicos e audiovisuais para uso didáctico, busca de información, audicións e proxeccións.
Falta na colaxe o recuncho de préstamo e informatización.

domingo, 20 de maio de 2012


Presentámosvos o novo blog da biblioteca do IES Lagoa de Antela. O equipo dálle a benvida a toda a comunidade educativa e pon á súa disposición este novo espazo de recursos e actividades lectoras.