sábado, 24 de novembro de 2012

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Mañá celébrase en todo o mundo o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, convén lembralo pero tamén cómpre loitar todos os días contra esta forma de violencia que se cobra cada ano miles de vítimas en todo o mundo. Dende a aula pódese facer moito: transmitir valores de igualdade e desmontar mitos empregando a perspectiva de xénero. Gústanos esta campaña de Porque tu voz cuenta: Tamén nos gusta esta análise de Marian Moreno Llaneza sobre o sexismo en que describe a realidade sexista que permanentemente se cerne sobre nenas e nenos. Encontraredes máis material na páxina do STEG na sección destinada a este tema. E tamén no noso blog lector.

SARA VÁZQUEZ FALOU SOBRE O CÓMIC NAS IV XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Os días 9 e 10 deste mes celebráronse as IV Xornadas de Bibliotecas Escolares en Santiago onde Sara Vázquez, profesora de Plástica e colaboradora das actividades que organiza a biblioteca, impartiu unha charla baixo o título Lemos, imaxinamos, debuxamos. Nela describiu o proceso de planificación e desenvolvemento do noso proxecto integrado sobre o cómic e o labor de difusión deste medio de comunicación por parte da biblioteca. A nosa compañeira compartiu mesa co debuxante Kiko Da Silva e con Remedios Campos, profesora do CEIP O Salvador. 
Máis información sobre o noso proxecto: O cómic na aula
Información sobre as xornadas: IV Xornadas Bibliotecas Escolares
Acceso aos materiais: materiais
As conferencias que merecen un recoñecemento son as de Marian Moreno LLaneza e Fabio Tropea, moi didácticas e interesantes. E felicitar, por suposto, a Sara pola ponencia e agradecerlle a súa xenerosidade na entrega e o valor das palabras pronunciadas.



domingo, 18 de novembro de 2012