domingo, 27 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ




Esta semana celebramos o Día da Paz na Biblioteca en colaboración co EDLG. Proxeccións, exposicións e lecturas compartidas pola paz son as actividades programadas este curso. Vivimos unha época marcada pola crise e a nosa conciencia esíxenos falar deste tipo de violencia.

luns, 21 de xaneiro de 2013

domingo, 20 de xaneiro de 2013

MÁIS NOTICIAS

O vindeiro luns 28 de xaneiro o noso benquerido Agustín Fernández Paz será investido Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.


A nosa benquerida Fina Casalderrey entrou na Real Academia Galega.

NOTICIAS SOBRE LECTURA

Destacamos estas novas que nos foron chegando este mes relacionadas co mundo dos libros e as bibliotecas.

Proxectos CO-LABORA-¡ACCIÓN! Foron seleccionadas dúas actividades do club de lectura e Biblioteca o IES de Poio.

Selección de libros seleccionados polo Centro Internacional do Libro Infantil y Juvenil da FGSR (Fundación Germán Sánchez Ruipérez) entre todo o publicado no ano pasado.  

Difusión de informacións, actividades e propostas relacionadas coas bibliotecas escolares de Galicia. 

NOTICIAS 

O pasado 16 de decembro fíxose público o Premio Estornela de Teatro para nenos, convocado pola Fundación Neira Vilas. 

O xurado acordou fallar a VII edición de dito premio en favor de Diana Varela Puñal, pola súa obra Arlequino Viceversa. Por que está triste Miañas? de Ángela Fernández Rey, resultou ganadora da X edición do "Premio Pura e Dora Vázquez de Narración", que convoca a Deputación de Ourense.