sábado, 23 de febreiro de 2013

DÍA DE ROSALÍA

Mañá é o Día de Rosalía, este ano cúmprense 150 anos da publicación de Cantares Gallegos e 50 anos da 1ª celebración das Letras Galegas. No instituto proxectamos o vídeo que confeccionou Xosé Manuel Fernández Gayo e lemos nalgunhas clases poemas, deixaremos para as Letras Galegas o recital público dos seus poemas.
Velaquí o vídeo e o poema "Alborada" en versión de jazz nas voces de Abe Rábade, Guadi Galego e Anxo Angueira.




luns, 18 de febreiro de 2013

FERRAMENTAS DE BUSCA NA REDE

Froito da xenerosidade e da colaboración de dúas profesoras, responsables das bibliotecas escolares dos seus centros, Olga Rodríguez, do CEIP Milladoiro, de Malpica, e Charo Sánchez-Gabriel, do IES Sánchez Cantón, de Pontevedra, podemos contar con este recurso de gran interese, e de gran calidade, para a formación ALFIN do alumnado: "Aprende a buscar na rede con eficiencia".



mércores, 13 de febreiro de 2013

VÍDEO SOBRE O FUTURO DAS BIBLIOTECAS

Interesante vídeo sobre o futuro das bibliotecas. Pódense activar os subtítulos en galego.

martes, 5 de febreiro de 2013

O ÁLBUM ILUSTRADO POR GRACIA SANTÓRUM

Interesante presentación sobre o álbum ilustrado de Gracia Santórum subida ao blog Trafegando ronseis. Gracia fai unha férrea defensa deste tipo de libros e do súa utilización en todos os niveis.

sábado, 2 de febreiro de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Alumnado e profesorado participou na celebración deste día con lecturas en diferentes linguas (francés, alemán, inglés, árabe, portugués e galego) na biblioteca.