domingo, 6 de outubro de 2013

BENVIDA Á BIBLIOTECA

Ola a tod@s e Benvidos un curso máis a vosa biblioteca!!!

     O novo equipo de biblioteca xa está traballando a tope para poder recibir aos grupos de 1º ESO e poder presentar oficialmente a vosa nova biblioteca, cunha visita guiada e preparando os vosos carnets.

     A biblioteca espéravos cos brazos abertos, gozade deste espazo e de todas as vantaxes de pertencer a una biblioteca coma a do IES lagoa de Antela.

     Xa estamos a preparar os días sinalados no calendario para facer diversas actividades.

     As lecturas obrigatorias xa están listas e todas as que queirades elixir están á vosa disposición. 
  
     Os clubs de lectura xa empezan a formarse, a Hora de ler xa comezou a súa andaina o pasado luns 30 de setembro.

     Contades con préstamos de ordenadores portátiles (xa comezamos co esa iniciativa o curso pasado) e tamén de libros electrónicos para o presente curso.

     Recordade que hai que devolver os préstamos de verán e as mochilas viaxeiras e formalizar os novos préstamos.

     Esperamos a vosas suxestións.

     Grazas a tod@s pola vosa participación e colaboración coa biblioteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario