xoves, 10 de outubro de 2013

HORA DE LER NO IES LAGOA DE ANTELA


            Como vén sendo costume dende fai tres anos, poñemos novamente en movemento a HORA DE LER.

            Xa comezaches con ela o pasado luns 30 de setembro e continuaremos  seguindo o horario para tal fin. Xa sabedes que o noso centro ten unha hora á semana de lectura.

            Para o novo alumnado de 1º ESO foi unha novidade, aínda que algúns xa a tiñan nos seus coles organizada de diferentes maneiras.

            Dende a Biblioteca queremos contarvos que para poder poñela en marcha tivemos a axuda fundamental de moitos dos vosos compañeiros da ESO que axudaron os membros do equipo de biblioteca a organizar as caixas que tendes nas vosas aulas.

            Recordade que a HORA DE LER é un dereito que tendes como alumnos-as e que está aí para que gozades con ela. Podedes traer as vosas lecturas favoritas para ler, empregar ese rato de lectura para avanzar nas vosas lecturas obrigatorias ou ben coller das lecturas que tendes nas vosas caixas nas aulas, iso si, mantendo as normas que xa sabedes.

            Esperamos que saquedes o máximo proveito desta actividade e tamén esperamos todas as suxestións que creades oportunas facer chegar á vosa biblioteca.

            BOAS LECTURAS PARA TOD@S!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario