domingo, 5 de outubro de 2014

FICHA ALUMN@S SIN CARNET

Este curso diseñamos unha ficha para anotar aos alumn@s de 1º ESO que queren levar préstamos antes de ter o seu carnet de biblioteca.

Os carnets levan tempo facelos e cada ano notamos que son cada vez mais, os rapaces que queren facer uso da súa nova biblioteca dende o primeiro minuto que chegan ao instituto.


Estamos convencidos que a labor levada a cabo nos seus respectivos colexios usando a biblioteca de maneira habitual, fai que estas novas xeracións integradas no PLAMBE dende pequenos, encontren natural usar a biblioteca do seu novo centro dende o primeiro día de clase.

É aquí onde o PLAMBE e todo o traballo feito ten a súa recompensa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario