mércores, 11 de febreiro de 2015

PROMOCIÓN DE 1º ESO NA BIBLIOTECA

Este curso cun pouco de retraso, conseguimos que os alumnos-as de 1º ESO, recibiran os seus carnets de biblioteca e o triptico coa información que precisan para o uso dela.

Notamos que cada ano os alumnos chegan demandando dende o minuto un, o uso da biblioteca, polo que de forma provisional este curso, formalizamos os préstamos de forma manual, nunha ficha deseñada para tal efecto antes de dar os carnets.

Veñen de colexios integrados no PLAMBE, veñen formados e iso é de agradecer pola nosa parte, porque a formación de usuarios xa a traen. Para eles o uso da biblioteca é algo habitual que forma parte do seu día a día no centro.
Os presentamos a estos grandes alumnos-as que xa forman parte da biblioteca.




Ningún comentario:

Publicar un comentario